Blog

 

Out25

Obradoiro de relatos de medo

Categories // Peliculas

Memorias dun esquelete é un obradoiro de escritura creativa orientado a público adulto programado en 4 sesións e centrado no RELATO BREVE de TERROR, de 2 horas e media de duración cada unha, nas que se traballará de forma amena e dinámica con diferentes chaves e ferramentas da creación literaria, coa axuda de exemplos e materiais propostos e contando sempre coa supervisión, indicacións e consellos de MN Soutelo e Romina Bal, escritoras e formadoras de recoñecida traxectoria nos eidos literario e cultural galegos.
Adicionalmente, contaráse cunha (1) sesión de escenografía e técnicas vogais teatrais cun/cunha docente de experiencia notable no campo da dramaturxia.
O obxectivo central desta actividade é achegar a cada participante aos mecanismos propios da narrativa breve e, en particular, do xénero de terror, mellorar a capacidade comunicativa dos participantes, e estimular a súa creatividade e imaxinación a través da palabra escrita e lida.

Memorias dun esquelete -- obradoiro intensivo de relato curto de terror
Datas e horario: sábados 4, 11, 18 e 25 de Novembro, en horario de 11 a 13.30h 
Lugar: Casa das Letras – BPM A Estrada
Matrícula: 5€ (abonaránse no primeiro día de obradoiro)
Nº de prazas: 15 
A partir dos 14 anos
Inscricións: https://goo.gl/forms/sBNcv1LbuqChD7R03
+ INFO: 654 955 910 (whatsapp)

Deixar Comentario

Ti estás comentando como usuario invitado.