Bases Concurso Fotografía Panic 2020

BASES PARA O CONCURSO DE FOTOGRAFÍA PANIC 2020

NORMAS

 

  • O Concurso de Fotografía PANIC é unha iniciativa impulsada pola Concellería de Cultura do Concello da Estrada (Pontevedra) dentro das actividades programadas para o Festival de cine de Terror PANIC A ESTRADA.

     

  • As fotografías presentadas deberán ser exclusivamente do xénero de terror ou misterio. As fotografías que o xurado considere que non pertencen ás ditas temáticas non serán admitidas a concurso.

     

  • Cada participante poderá participar cun máximo de tres (3) fotografías.

     

  • As fotografías deberán ter sido realizadas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2019.

     

  • Os/as fotógrafos/as participantes que utilicen nas súas obras a outras persoas como modelos, deberán ter a disposición do xurado as autorizacións de imaxe para a súa exhibición e reprodución no ámbito do concurso. A organización do concurso PANIC declina calquera responsabilidade con respecto a dereitos de imaxe correspondentes ás fotografías presentadas, a dita responsabilidade recae exclusivamente na persoa que se presenta no concurso como autor da obra.

 

  • As obras presentadas non poderán estar suxeitas a fotomontaxes.

  • O criterio do xurado valorará máis a creatividade e orixinalidade da fotografía presentada que a súa calidade técnica.

PARTICIPANTES

  • O concurso de Fotografía de Terror PANIC está dividido en dúas modalidades. Unha primeira dirixida aos alumnos dos IES da Estrada e comarca; e outra dirixida a persoas maiores de 18 anos.

DEREITOS DE AUTOR

  • A propiedade intelectual das obras presentadas será sempre do propio autor.

  • A organización resérvase o dereito de distribución e publicación das imaxes na web do Festival www.panic.aestrada.com, ou nun medio físico a efectos de promoción o exposición. En todo caso, sempre se fará referencia ao título e nome do autor da fotografía.

     

  • O participante responsabilizarase de posuír a propiedade intelectual das obras presentadas. Calquera reclamación formulada sobre a fotografía a concurso recaerá na persoa que se presente como autor desta.

INSCRICIÓN

  • As fotografías enviaranse en formato .JPG ao enderezo de correo electrónico da organización. Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. A dita organización farallas chegar aos membros do xurado.

     

  • As fotografías non deberán presentar título nin marca de auga que poida identificar ao autor.

  • Calquera fotografía que o xurado considere que non cumpre as normas destas bases quedará descartada.

  • O prazo de inscrición e presentación de fotografías finalizará o 31 de xaneiro de 2020.

  • As fotografías finalistas serán visionadas en pantalla grande durante a Gala final que terá lugar o 7 de febreiro ás 23.30 h en Minicines Central, gala na que se lle entregará o premio á fotografía gañadora en cada modalidade.

     

  • O premio para a categoría dos IES terá unha contía de 150,00 en vales de compra, doada por ACOE. O premio para a categoría de maiores de 18 anos será dun importe de 150,00€, entregándose, en ambos os dous casos, un diploma acreditativo.

XURADO